VILA DE CEE

Vila de Cee se  consolida como un importante núcleo de poboación, así como, o epicentro de servicios para a Comarca de Fisterra, dentro da máxica Costa da Morte.
  

PASEO MARÍTIMO Y CORCUBIÓN AL FONDO
 
 Un paseo polo seu casco antiguo nos deixará entrever o seu patrimonio, integrado nun contorno de rúas estreitas e pequenas prazas.


Son moitos os lugares de interés, podendo destacar o PASEO DA ALAMEDA (o Praza da Constitución), engalanado con preciosos edificios como: a CASA MOSTEIRÍN, edificio residencial do s. XVIII; a CASA MAYÁN (s. XIX), de estilo tradicional con galerías e balcóns; u outros do s. XX, como a CASA GUILLÉN, o la ANTIGUA CASA DO CONCELLO, que acolle actualmente a sede de la Escola de Música Municipal.



Nesta reveladora praza, tamén se atopa o MUSEO DA FUNDACIÓN FERNANDO BLANCO.

Un dos obxectivos principais do Museo é dar a coñecer a vida e legado de D. FERNANDO BLANCO DE LEMA (1796 - 1875), emigrante que fixo a súa fortuna en Cuba y deu gran parte de ela para a construcción do que foi un dos principais e mais admirados Colexios de Galicia.

Os traballos de construcción do COLEGIO-INSTITUTO  iniciaronse o 2 de agosto de 1880. O 6 de maio de 1884  colocouse a última pedra do torreón central do prominente edificio que dominaba a vila, ainda que diversas obras e reformas interiores retrasaron dous anos mais o comezo das actividades docentes.



O suntuoso edificio, obra do arquitecto madrileño José María Aguilar, era un dous mais avanzados centros de enseñanza de su época, e segue sendo agora mesmo, un importante referente cultural da vila.

En torno ao edificio palaciano escolar se construiu, posiblemente nas mesmas datas, o XARDÍN BOTÁNICO, un espacio de pequenas dimensións e de sinxelo trazo, de estilo ecléctico, que combina en os seus diferentes compartimentos, a xeometría co paisaxismo, tendo a súa faceta máis reseñable na flora que alberga, caracterizada pola súa diversidade e monumentalidade.

Fernando Blanco morreu en Cuba pouco después de firmar este documento (7 de Abril de 1875), reposando as súas cinzas na Capela do Colexio que mandara fundar.

O 13 de outubro de 1973  inaugurouse, na entrada principal do instituto, o MONUMENTO dedicado a recordar a figura do filántropo ceense.



Como sede do MUSEO se escolleu o edificio da antiga ESCOLA DE NENAS (Escuela de Niñas), levantado pola Fundación no solar da vella casa natal do mecenas, obra tamén do arquitecto José Mª Aguilar.

Iniciaronse as obras de construcción da primeira fase da antiga Escola de Nenas, o 30 de abril del año 1882, e se terminaron prácticamente un ano despois, o 11 de maio do ano 1883, aunque no se inaugurou ata o ano 1887, debido a unha serie de denuncias relacionadas coa proximidad del antiguo cementerio de Cee.
Nela recibían educación os párvulos (nenos/as) ata os sete anos e as nenas ata os catorce. Los niños, cuando cumprían os sete anos, continuaban os estudios nun aula destinada a efecto no Colexio-Instituto antes mencionado, que recibía en nome de ESCOLA DE NIÑOS.

O Museo, posúe unha das coleccións de material científico mais importantes de Galicia, onde se pode ver, un asombroso instrumental científico e material didáctico das antigas cátedras, laboratorios e gabinetes de físicaquímica e historia natural do velo instituto-escola de finais do s. XIX. Tamén destacan as coleccións de animais; minerales e fósiles; así como fondos artísticos e pictóricos, que Federico Madrazo pintou para grabar a figura do benefactor e a de sus herederos. Se recollen tamén numerosas pezas que forman parte do pasado da vila; dos seus habitantes e a súa comarca.

INFORMACIÓN: Horario: martes a sábado: 10:00 a 13:00 / 17:00 a 19:00. Entrada gratuita. Teléfono: 981 747 221.



Próxima á Alameda, sobresae igualmente con luz propia a igrexa de SANTA MARÍA DA XUNQUEIRA. No pola luz do lume que arrasou o edificio do s. XV, e deixou un rastro de morte e destrucción na Vila durante a invasión francesa de abril de 1809 (Guerra da Independencia), senon, polas reformas significativas levadas a cabo no s. XIX que lle confiren o aspecto actual.

Conserva restos da primitiva construcción gótica (Capilla Mayor) y garda un retablo de D.DOMINGO ANTONIO DE ANDRADE (1636 - 1712), excepcional arquitecto e escultor natural da vila, que traballou na Torre do Reloxo da Catedral de Santiago de Compostela (a Berenguela); a celebrada triple escalera helicoidal que, nun mismo oco, conduce mediante ramplas distintas aos diferentes pisos do Monasterio de Santo Domingo de Bonaval; ou no baldaquino de la Catedral de Ourense, etc.

No incendio, tamén  quemouse a imaxe da Virxe que aparecera entre os xuncos que medraban nas inmediacións da igrexa.



Dentro do casco vello encontramonos tamén, un magnífico exemplo do barroco galego, o PAZO DE COTÓN,...


... edificación do s. XVIII vinculada á casa dos Carantoña e o marquesado de Villaverde. 



Construido con muros de sillería, presenta como características mais importantes: 


su alta cheminea con curiosos remates; na fachada, o balcón cos seus balaustres de pedra;...


... a escalera lateral tamén con barandal de pedra;...


... a porta con moldura decorativa...



... e un gran escudo.


Junto ao Pazo un sinxelo cruceiro asomando á Rúa Magdalena, ó final da cal está o CAMPO DO SACRAMENTO, onde está emprazada a Virxe da Piedade (imaxe recuperada dunha antiga capela dedicada a Magdalena). 


VISTAS DE CORCUBIÓN DESDE CEE

VISTAS DE CORCUBIÓN DESDE CEE