domingo, 13 de novembro de 2016

ENQUISA DO PROXECTO GEOMOVE


O alumnado do centro está inscrito nun proxectosobre Camiños Escolares Seguros e movilidade sostible , chamado Geomove, cuxo  obxectivo   é coñecer a dinámica da mobilidade escolar e as súas relacións coas condicións técnicas dos viais empregados no entorno do centro educativo, para intentar definir co maior detalle posible os diferentes tipos de comportamentos e problemáticas existentes. Para iso, se recopilar os datos sobre os desprazamentos dos alumnos nas enquisas online xeolocalizadas. 

Coa participación deste proxecto, os alumnos aprenden a ubicarse espacialmente nun mapa, os diferentes tipos de mapas (mapas e imáxes de satélite), mapas colaborativos, debuxar unha ruta sobre un mapa

Este proxecto está dirixido por Grupos de Investigación do Departamento de Métodos Matemáticos e de Representación da ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Universidade de Coruña e da Universidade Complutense de Madrid, ademáis da colaboración da Dirección Xeral de Tráfico

Ningún comentario:

Publicar un comentario